Páginas

27 de mayo de 2016

Heeeey rapaces!!!! Aínda hai prazas para a masterclass de Markanthony Henry a Rebeca Rods!!!! Cantos máis sexamos mellor, así faremos que treman os teitos! Na master non buscamos ningún nivel en concreto,  interesa simplemente as ganas de traballar, a motivación e boa enerxía. Do sonido da voz encárganse eles, e asegurovos que sorprende ver cómo mesturar xente que non cantou na sua vida con outros que se adican a esto, se adaptan nun periquete. O ano pasado foi algo alucinante e verdadeiramente emotivo, e este ano tamén o será! Arrancaremos as 10 da mañá do sábado 11 de Xuño, cunha horiña para xantar, ata as 7 . E de novo o Domingo día 12, de 10 a 2 da tarde, e as 7 daremos un concerto co aprendido, acompañados de 3 músicazos: Paco Dicenta , Adrian Solla e Chucho Gonzalez!!!. Os prezos? *100€ para  novos participantes *90€ participantes da 1ª edición *60€ componentes do coro da nosa escola de música Mundo Sonoro:  REDVOX; e tamén estudiantes de  institutos, universidades, ciclos, eoi , conservatorios e escolas municipais (necesario presentar acreditación). En breve confirmaremos lugar para masterclass e concerto. Ah!!! O ingreso deberá realizarse no seguinte nº de conta: ES97 2080 5027 2230 4002 3881 - PAP música SL concepto: galicia es gospel 2.0 (Enviar resgardo de ingreso) P.D.:Deixovos un dos temas que fixemos o ano pasado, interpretado por Noelia Álvarez, para que vexades que explotarán o mellor de cada un; ainda que aquí non se aprecia. https://youtu.be/gUHmQPvumRM Compartideo con todo o mundo!!! Dende a veciña do terceiro a ó señor que sempre vai tarareando en solitario! Fagamos que Galicia sexa Gospel un ano máis coa escola de música Mundo Sonoro!!!! +info: galiciaesgospel.mundosonoro@Gmail.com Mundoson@Gmail.com Bicos e carantoñas!!!


via Instagram http://ift.tt/1XWevUd

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Si tú me lees, yo te leo.